En 1.958 instálase en Monforte como Procurador de Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: narrativa, teatro, ensaio, ... , por suposto, sen abandonar a poesía.
A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1.979. En 1.985 abandonou a súa militancia política para dedicarse por completo á literatura e a súa actividade cultural.
Non é doado resumir a obra deste insigne poeta, referente imprescindible no panorama literario da metade so século XX. Destacan as seguintes obras: Os soños na gaiola, As rúas do vento ceibe,Cando o mar foi polo río, O bigote de Mimí, etc...
Manuel María faleceu na Coruña o 8 de setembro do 2.004.


No hay comentarios:
Publicar un comentario